Cromosoma 6 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 6 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas do par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 6 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 170,805,979 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 996 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (59.8 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 6 |
Entrez | Cromosoma 6 |
NCBI | Cromosoma 6 |
UCSC | Cromosoma 6 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000006 (FASTA) |
GenBank | CM000668 (FASTA) |
O cromosoma 6 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual ca ocorre cos demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), nas células haploides hai un só cromosoma 6, e nas diploides hai dous (un par). Pola posición do centrómero considérase un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 6 contén case 170 millóns de pares de bases, polo que é un dos cromosomas máis longos secuenciados ata agora[5]) e representa entre o 5,5 e o 6 % do total do ADN na célula. Entre outros xenes, nel encóntrase o complexo maior de histocompatibilidade (CMH ou, en inglés, MHC), tamén chamado sistema HLA, que contén arredor de 100 xenes e está relacionado coa resposta inmunitaria do organismo, que xoga un papel fundamental nos trasplantes de órganos.
Como para a identificación de xenes se utilizan diversos métodos, o número de xenes estimado para un determinado cromosoma pode variar segundo o método utilizado. Calcúlase que o cromosoma 6 probablemente ten entre 2.000 e 2.057 xenes.[6]